xeocach

VIRTUAL 2.0 LA TORRE de HÉRCULES

Esta fin de semana xuntámonos co gallo de celebrar o recente aniversario da nosa matriarca. Foron un par de días intensos, con actividades varias e varias primerias veces: primeira vez que tanto miña nai coma eu fomos a un partido de waterpolo, e, polo tanto, primeira vez que asistimos a un partido no que participaba a miña sobriña; primeira vez que eu me achegaba á Cidade da Cultura; primeira vez que miña nai asistiu a un partido do Deportivo da Coruña,… e por eiquí xa non pasei.

Así que mentras a familia se metía no estadio de Riazor eu adiqueime a vagar sen rumbo definido e os meus pasos, ou máis ben os de Sebastian, trouxéronme ata o entorno da Torre. Eiquí din un pequeno paseo seguindo as etapas dunha AdventureLab e ó pasar por este punto tirei a foto que deixo como testemuña da miña visita.

Grazas, AriadnaHilo, por esconder e traerme con elo ata o lugar.

GPC – GPEC – TFTC


# 16302 – xeocach estivo eiquí e atopouno.


PD/ Tanto o CW Santiago Cadete Feminino coma o Deportivo gañaron os seus respectivos encontros desta fin de semana, todos contentos, .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *